miércoles, 29 de marzo de 2017

CRÓNICAS 25 - 26 DE MARZO



PREBENXAMÍN

EFB CANGAS 2 - UNIÓN CARRASQUEIRA 1


Esta semana cómpre comezar esta entrada co derradeiro partido de liga dos Pebenxamíns quen, pese á derrota derónnos a todos unha grande lección de deportividade e de saber encaixar os reveses do deporte.

Tras manter a segunda posición durante toda a tempada a derrota deste Sábado en Aldán desbancounos desa segunda praza en favor dos do Morrazo. Unha mágoa perder o subcampionato na última xornada pero sen dúbida o que debemos valorar é a gran tempada feita polos rapaces, a súa forma de encaixar a derrota como parte do aprendizaxe e, por riba de todo a actitude dun grupo de pais que soubo sempre estar á altura animando e  acompañando ao equipo.


Agora toca disfrutar da Copa que comeza dentro de súas semanas e seguir polo mesmo camiño que levamos dende que se formou este equipo o ano pasado.


BENXAMÍN

UNIÓN CARRASQUEIRA 5 - VIGO 2015 2

Continua a boa xeira de resultados para un equipo que vai a máis a medida que avanza a tempada.
Tras un comezo desastroso de liga agora mesmo encadeamos 6 semanas sen perder e 4 victorias consecutivas que sirven para subir a moral a un grupo que está traballando a reo todalas semanas e está a apañar o fruto dese bo traballo.


XUVENIL

CIOS MONDARIZ 5 - UNIÓN F.S. 4

Sen crónica disponible.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 3 - TEIS F.S. 1

Enorme partido do filial no momento máis necesario da tempada. Tralos últimos malos resultados que nos fixeron despedirnos da loita polo título, as dúas últimas victorias manteñennos con opcións de pelexar polo subcampionato de liga na última xornada.

O partido gañouse en defensa. Unha gran intensidade nesta faceta fixo que o Teis apenas disfrutara de ocasións de perigo. Aínda así, non nos adicamos unicamente a defender e nin moito menos estivemos encerrados na nosa propia pista.
Baseándonos na nosa habitual presión alta fartámonos a recuperar balóns en zonas perigosas e desa maneira chegaron os dous goles que levamos de marxe ao tempo de lecer, aínda que por ocasións ben puido ser algún máis.

Na segunda metade os visitantes aumentaron timidamente a súa presión aínda que o partido non mudou de guión.Demostramos moita tranquilidade á hora de manter o balón, estivemos se cabe aínda máis intensos en defensa e seguimos acumulando chegadas á meta contraria.

Tras desaproveitar un par de boas coasións conseguimos anotar o 3-0 no minuto 18.
Sen embargo, o Teis acurtaría distancias tan só dous minutos despois e os últimos cinco minutos empuxou en busca dun segundo gol que lles dera opcións de acada polo menos o empate.
Pero a nosa fortaleza defensiva e unha autoexpulsión dun dos seus mellores xogadores a falta de 3 minutos acaboron por matar un partido no que fomos claramente merecedores da victoria.

Afrontamos a derradeira xornada na que loitaremos polo segundo posto con 3 puntos de vantaxe sobre o Vulcano F.S., aínda que con un partido máis disputado. Toca gañar diante do Quinta de Tui B e agardar que os resultados acompañen para conseguir un subcampionato que ben merecería este grupo de xogadores.

GOLES: Oscar (2) e Caba.


SENIOR PROVINCIAL

UNIÓN F.S. 2 - CESURES 1 * (SUSPENDIDO)

Partido suspendido restando 14 minutos para o final debido a incidentes da afeción do equipo visitante na grada do pavillón de Valadares. Nese momento vencíamos por 2-1 e estabamos a realizar un encontro moi completo, dos máis regulares da tempada diante dun equipo dos postos altos da clasificación.

Unha mágoa a suspensión tendo en conta as boas sensacións que transmitía o equipo nese momento. Non queda outra que agardar ao que dictamine o comité de competición para saber se se van xogar eses 14 minutos restantes.

GOLES Cristian (2).

No hay comentarios:

Publicar un comentario